A Deputación de Lugo ven de aprobar a contratación da obra de ampliación da Casa da Cultura de Ribas do Sil por valor de 233.420 euros, e un prazo de execución de catro meses. Este Concello conta xa coa estrutura dun novo edificio, situado ao carón das dependencias locais, e distribuído en dúas prantas e un soto. Coa achega da Deputación, remataránse as actuacións mediante a instalación dos servizos básicos de luz, agua e calefacción, e adquirirase o equipamento necesario. Unhas novas instalacións que terán capacidade para 100 persoas e ofrecerán un amplo espazo para levar a cabo numerosos actos culturais e sociais. Segundo indicou o tenente alcalde, Roberto Castro, “as obra comezarán en breve e estarán rematadas moi pronto”.
Últimas noticias sobre CULTURA
Con este título, a fotógrafa e veterinaria Tamara Lebón, mostra na Casa de Cultura Lois Pereiro
A Antiga Prisión Preventiva de Sarria, hoxe sede da Oficina Municipal de Turismo, abriu as súas
Adrián Enríquez presentou o seu libro ‘Despertar en la oscuridad’ en Bóveda este sábado, nun evento
Terán lugar os días 6 e 7 de maio, e supoñen un punto de encontro entre