A Xunta ven de anunciar a licitación por procedemento aberto con pluralidade de criterios do contrato de obras da restauración e posta en valor do Camiño Francés ao seu paso polo tramo de Barbadelo (Sarria). A actuación centrarase nos espazos públicos en torno á igrexa da parroquia, o albergue de peregrinos e o núcleo de Barbadelo. Todas estas accións estarán financiadas cun importe total de 266.077 euros. O prazo de execución é dun máximo de doce meses e dun mínimo de oito meses. As obras estarán dirixidas á ordenación destes espazos e á solución de determinados problemas existentes na actualidade. Destaca a mellora da pavimentación do acceso á igrexa de Barbadelo, soterramento de liñas aéreas de instalacións, adecuación do contorno do albergue actuando sobre a pavimentación, canalización de augas pluviais, ou recuperación da fonte e lavadoiro, entre outras obras.
Últimas noticias sobre CULTURA
Moitas foron as conversacións, sobre todo nas concorridas terrazas de Monforte no verán, que versan sobre
• Lucía Pérez, Antonio José, Gin Toni`s, América de Vigo, os grupos monfortinos Malenne e Deloreans
O músico Miguel Franqueiro (Boqueixón, 1983), tuba e director da Banda de Música de Sober, participará
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou na igrexa de Santiago de Barbadelo,