Obras nos contornos da igrexa e albergue de Barbadelo

A Xunta ven de anunciar a licitación por procedemento aberto con pluralidade de criterios do contrato de obras da restauración e posta en valor do Camiño Francés ao seu paso polo tramo de Barbadelo (Sarria). A actuación centrarase nos espazos públicos en torno á igrexa da parroquia, o albergue de peregrinos e o núcleo de Barbadelo. Todas estas accións estarán financiadas cun importe total de 266.077 euros. O prazo de execución é dun máximo de doce meses e dun mínimo de oito meses. As obras estarán dirixidas á ordenación destes espazos e á solución de determinados problemas existentes na actualidade. Destaca a mellora da pavimentación do acceso á igrexa de Barbadelo, soterramento de liñas aéreas de instalacións, adecuación do contorno do albergue actuando sobre a pavimentación, canalización de augas pluviais, ou recuperación da fonte e lavadoiro, entre outras obras.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Universidade volve a Sarria no verán

Seguinte Nova

Veciños do Saviñao piden que se restitúa unha praza de médico

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: