Presentación do libro “Os últimos brindeiros de Forgas”

O pasado luns día 6 de xuño, o salón de plenos do Concello de A Pobra do Brollón acolleu a presentación do libro Os últimos brindeiros de Forgas, escrito por Xosé Luis Foxo Ribas, en homenaxe aos Irmáns Álvaro e José Veloso Valcárcel, e ao seu traballo realizado nos cantares das vodas. Os irmáns Veloso foron dous cantores populares da aldea de Forgas de Abaixo que mantiveron viva ata o día de hoxe a vella tradición dos brindos ou cantares improvisados, tamén frecuentes noutros lugares como Quiroga, O Incio ou O Cebreiro. Á presentación do libro acudiron, entre outros, José Veloso (o seu irmán Álvaro faleceu o pasado mes de novembro), e Amparo Parada Aira, antiga pandeireteira e tamborileira que participou no traballo de documentación sobre as tradicións musicais, así como Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Agosto cultural en Salcedo

Seguinte Nova

Programación cultural de verán en Brollón

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: