Raquel Arias adquire varios compromisos co concello de Sober

Raquel Arias, delegada territorial da Xunta en Lugo, durante a súa reunión con Luis Fernández Guitián, alcalde de Sober. DTX.

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, ven de reunirse co alcalde de Sober, Luis Guitián, para tratar distintos aspectos que afectan ao municipio. Tras esta reunión, Arias comprometeuse a xestionar a desafectación de parte dos terreos do colexio público Virxe do Carme de Sober para permitir a construción de vivendas de promoción pública no solar. Na mesma liña, a delegada territorial e o alcalde acordaron avanzar na cesión ao concello por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo dos locais que lle corresponden dentro da promoción de vivendas sociais construídas na intersección da rúa Cine coa rúa Cuartel. Arias e Fernández Guitián barallaron tamén algunhas propostas encamiñadas á mellora da xestión de residuos na localidade, entre as que figura a compostaxe. Na xuntanza, entre outros aspectos, a delegada informou ao rexedor municipal sobre as actuacións que está a levar a cabo a Xunta para mellorar as condicións de explotación dos viñedos no concello.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Movemento 15-M tamén saiu a protestar polas rúas de Monforte

Seguinte Nova

Novo servizo de recollida do lixo

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss