Acordo definitivo entre os traballadores da limpeza de Monforte, sindicato e empresa

A folga será desconvocada o luns 18 trala firma do convenio

Redacción-Monforte

Asamblea de traballadores celebrada na sede de UXT sobre a convocatoria de folga. EC

Trala decisión dos traballadores da empresa do servizo de limpeza de Monforte de iniciar unha folga indefinida a partir do vindeiro 1 de agosto, debido a que a propia empresa rompeu o acordo de mellora das súas condicións hai uns días, FCC rectificou este mércores e acordou cos traballadores e co sindicato UXT manter o convenio inicial tal e como quedara establecido nun primeiro momento. Deste xeito, despois da última asamblea mantida o xoves, Mario Docasar, representante sindical da UXT, anunciou que se manterán as condicións esixidas ao principio, respetando as vacacións tal e como estaban, a subida salarial e unha lixeira mellora en relación ao vestiario dos traballadores. Ao chegar a este acordo, o seguinte paso será agora a firma do convenio o vindeiro luns día 18 de xullo ás dúas do mediodía, momento no que se desconvocará a folga. “Unha vez teñamos firmado o convenio tal e como nós mesmos esiximos, e teñamos tamén unha copia do texto, será entón cando desconvocaremos a folga, pero mentras tanto seguiremos adiante”, explicou o voceiro da UXT. “Temos que felicitarnos porque a empresa deuse conta de que actuou mal creando alarma entre os traballadorese rompendo o principio de acordo, sen embargo reflexionou e ao final chegamos a este acordo”, engadiu. FCC tamén se comprometeu a que de cara ao futuro contratarán un tanto por cen de mulleres para evitar a discriminación na empresa.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

José Blanco, ministro de Fomento y flamante portavoz del Gobierno, habla en exclusiva para EC

Seguinte Nova

Adiante coa primeira fase do porto seco de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss