Técnicos do Celta de Vigo dirixirán as xornadas do V Campus de fútbol de Monforte no campo municipal Luis Bodegas

Redacción-Monforte

O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, e o técnico de deportes, Óscar Rodríguez, presentaron o que será o V Campus de fútbol Cidade de Monforte, que se celebrará do 1 ao 5 de agosto no campo municipal Luis Bodegas, en horario de dez da mañá a unha do mediodía. Trátase dunha actividade organizada polo Concello de Monforte en colaboracion co Real Club Celta de Vigo e a súa fundación, dirixida a nenos e nenas de entre 7 e 14 anos. A inscrición, que ten un custe de 26 euros, xa pode facerse no mesmo Concello e tamén na oficina de deportes. Ademais, todos aqueles que desexen obter máis información poderán facelo a través do número de teléfono 982.40.25.01 O número de prazas está limitado a 80 rapaces.

O alcalde de Monforte e o técnico de Deportes na presentación do V Campus de fútbol. EC

Durante a presentación, o alcalde da cidade sinalou que se trata dunha iniciativa coa que decidiron continuar, dada a excelente acollida que soe ter. “Trátase de colaborar co deporte e iso sempre é beneficioso. Ademais, podemos levala a cabo grazas ás magníficas instalacións deportivas das que dispón o Concello de Monforte. Así que insistir no feito de que na área de Deportes vamos a ter esta continuidade porque funciona moi ben”. Pola súa parte, o técnico de Deportes, sinalou que tamén se trata dun xeito de conciliar a vida laboral e familiar durante o verán. “Pero é tamén unha máis das actividades coas que tratamos de dinamizar as instalacións que temos. É unha actividade para os máis pequenos, que axuda a conciliar a vida familiar e laboral”. Óscar Rodríguez destacou que para levar a cabo o quinto campus de fútbol contarán coa profesionalidade dos técnicos do Real Club Celta de Vigo. “A todo isto temos que sumar o feito de que se trata dunha actividade moi económica grazas tamén á colaboración da área de Deportes da Deputación de Lugo”, engadiu o técnico.

A clausura do campus terá lugar o día 5 de agosto, cun acto no que se repartirán camisetas e diplomas aos máis pequenos, e que contará coa presenza do alcalde de Monforte e de representantes do clube vigués así como da súa fundación.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Torneo Bazar Lago na agrupación monfortina Río Cabe

Seguinte Nova

Éxitos para o Clube Ciclista Monforte no Open galego de BTT

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: