Despois de celebrar o pleno de organización no Concello de Monforte, a composición municipal e o reparto de áreas quedou do seguinte xeito: o alcalde, Severino Rodríguez, seguirá con Urbanismo e faise cargo de Deporte; María Xosé Vega Buján é a primeira tenente de alcalde e faise cargo de Tráfico e Seguridade a maiores das áreas que xa tiña (Facenda); Pilar López, que se estrea no cargo, será a segunda tenente de alcalde e ocuparase, entre outras, da área de Cultura. Antonino Luaces será o terceiro tenente de alcalde e ocuparase de Medio Ambiente e Sanidade; Xosé Manuel Pavón farase cargo de Medio Rural e Obras (urbanas e rurais); e xa por último, José Luis Rivera seguirá co departamento de Servizos Municipais. As dedicacións exclusivas serán só dúas, a de Severino Rodríguez e a de Pilar López, e os plenos celebraranse cada mes.
Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL
Unha das principais características destes tempos novos e modernos que nos toca vivir, vén marcado sen
Chegan as eleccións municipais en Galicia, levamos xa desde o ano 1977 acudindo ás urnas, case
Celeste Rodríguez Pombo repite como candidato do PSdeG-PSOE do Saviñao despois dos bos resultados de 2019,
O Concello de A Pobra do Brollón é o único que ten un alcalde do BNG
O Comité Executivo do PP de Sarria acordou por unanimidade na reunión deste sábado designar candidata