Composición municipal do Concello de Monforte

Despois de celebrar o pleno de organización no Concello de Monforte, a composición municipal e o reparto de áreas quedou do seguinte xeito: o alcalde, Severino Rodríguez, seguirá con Urbanismo e faise cargo de Deporte; María Xosé Vega Buján é a primeira tenente de alcalde e faise cargo de Tráfico e Seguridade a maiores das áreas que xa tiña (Facenda); Pilar López, que se estrea no cargo, será a segunda tenente de alcalde e ocuparase, entre outras, da área de Cultura. Antonino Luaces será o terceiro tenente de alcalde e ocuparase de Medio Ambiente e Sanidade; Xosé Manuel Pavón farase cargo de Medio Rural e Obras (urbanas e rurais); e xa por último, José Luis Rivera seguirá co departamento de Servizos Municipais. As dedicacións exclusivas serán só dúas, a de Severino Rodríguez e a de Pilar López, e os plenos celebraranse cada mes.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Mellora xenética do gando frisón

Seguinte Nova

En marcha as obras de reforma da Praza de Abastos, que obrigarán a reordenar o tráfico

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: