A Consellería de Cultura e Turismo ven de poñer en marcha os programas “Galicia é Música” e “Camiños de Cultura”, que terán lugar durante os meses estivais e tamén setembro en preto de 200 concellos. Estes programas pretenden chegar ao máis amplo número de espectadores, utilizando como “valores engadidos” o potencial do periodo estival, e a posibilidade de realizalos maiormente en recintos ao aire libre. Asimesmo, os responsables de Cultura buscan difundir o traballo dos artistas galegos, sobre todo con ocasión do Ano da Música de Galicia; deste xeito, máis dun 97% do total das 220 compañías escénicas e grupos musicais participantes son galegos. Entre os artistas máis destacados figuran Susana Seivane, Marful, Banda Crebinsky, e os catro embaixadores do Ano da Música: Berrogüetto, Mercedes Peón, Luar na Lubre e Xoel López.
Últimas noticias sobre CULTURA
O pasado mércores 13 de marzo, ás 20:15 horas, a Casa da Cultura ‘Olga Novo’ na
Mar LÓPEZ SOTELO Directora da Área de Historia e AntropoloxíaInstituto Europeo Campus Stellae
A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o próximo 28 de febreiro, unha exposición da
O Concello de Chantada está a dar pasos firmes para enriquecer a oferta cultural do municipio
A Concelleira de Educación, Geni Valcárcel, e o Concelleiro de Acción Cultural, César No, acolleron con