Enquisa a pé de rúa: ¿Que lle parece o novo sistema de recollida de lixo?

José M. Rodríguez –  Xubilado

“Na miña opinión teño que dicir primeiro que se hai que comportar como deberíamos. E logo, o novo sistema paréceme ben, ainda que necesita tempo. En moitos sitios vénse as bolsas do lixo na propia rúa, e ás dúas da mañá ainda están os cubos sen recoller. Polo demáis, está ben.”

María Fernández  – Estudante

“En relación ao tema do olor é un sistema eficaz, está mellor así porque evitamos que cheiren as rúas. Pero despois paréceme un pouco “jaleo” por iso de ter que andar poñendo e recollendo. Ademais, creo que iso debe ser máis custoso en canto a traballo e diñeiro.”

Sergio Álvarez  – Estudante

“Cheguei hai pouco dunha viaxe e resúltame bastante novidoso. Creo que poñen os cubos as sete da tarde e logo recóllenos, así que sabendo máis ou menos como funciona, creo que está ben, sobre todo por dous motivos: evita os olores e tamén favorece a reciclaxe. Para min está ben.”

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

En marcha as obras de reforma da Praza de Abastos, que obrigarán a reordenar o tráfico

Seguinte Nova

Visita dos irmáns bretóns de Guérledan á vila de Sarria

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: