Investimentos da Xunta na zona sur de Lugo

O consello de zona prevé cinco millóns de euros para esta área

Redacción-Monforte

Un momento da reunión do Consello de Zona, celebrada en Monforte de Lemos recentemente. CMD.

O director xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural –e director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural–, Antonio Crespo Iglesias, presidiu fai uns días en Monforte a xuntanza do consello de zona desta área, que analizou os investimentos previstos para o seu desenvolvemento, no marco do establecido polo Programa de Desenvolvemento Rural Sostible 2010-2014. A finalidade principal da reunión foi a de dar conta das propostas recibidas no proceso de participación pública realizado durante todo o mes de marzo e analizar a versión preliminar dos plans de zona, así coma os investimentos aos que darán lugar.

ACTUACIÓNS EN TURISMO, REDE VIARIA, ABASTECEMENTO E, SOBRE TODO, PREVENCION DE INCENDIOS

Por outra parte, tamén se analizou cada unha das propostas recibidas, así como a versión preliminar do plan de zona, que suporá un investimento de preto de cinco millóns de euros –cofinanciados a partes iguais entre a Xunta e o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño– distribuídos en actuacións que abarcan a dinamización e a promoción turística, a mellora da rede viaria, o abastecemento de auga ou a prevención de incendios (para o que se prevé destinar algo máis de dous millóns de euros). Case un millón, irá para actuacións de conservación da natureza e protección do medio ambiente.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Opinión: «Reflexionando como docente», por Vicente Docasar

Seguinte Nova

O galego dinamiza o verán máis novo

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: