Mozos de Sarria e Monforte participan na IX edición dos Xogos do Eixo Atlántico

Entrega do premio “Xogo Limpo. Nelson Cardoso” á cidade de Monforte, en representación dos equipos da localidade que participaron nos Xogos do Eixo Atlántico celebrados en 2009. EA

Na IX edición dos Xogos do Eixo Atlántico, celebrados en Matosinhos dende o pasado 3 de xullo ata o día 8, participaron un grupo de mozos tanto do concello de Sarria como de Monforte, nas disciplinas de baloncesto feminino e masculino, e voleibol. Asimesmo, aproveitouse a ocasión para entregar ao alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, en representación da cidade, o premio “Xogo Limpo. Nelson Cardoso”. O premio foi outorgado en representación dos equipos da localidade na súa participación nos anteriores Xogos do Eixo Atlántico celebrados na Coruña, no ano 2009.

Organización

Pola súa parte, nesta novena edición de 2011, inscribíronse mais de 1.500 deportistas con idades ata os 16 anos; o que supuxo un gran impulso para a cidade, sobre todo no âmbito económico da hostalería e restauración. Os Xogos do Eixo Atlántico de Matosinhos foron inaugurados o pasado 3 de xullo nun acto presidido polo alcalde da localidade, que ademais contou coa presenza de alcaldes e edís dos concellos participantes.

Deporte discapacitado

É de destacar que nesta edición dos Xogos tamén estivo representado o deporte discapacitado coa presenza de 80 deportistas masculinos e femininos con discapacidade, e que competiron na modalidade de atletismo. Pola súa banda, os 1.500 mozos e mozas que participaron, fixérono en sete disciplinas: Fútbol 7 (masculino), Baloncesco (masculino e feminino), Volei (feminino), Atletismo (masculino e feminino), Natación (masculino e feminino), Balonmán (masculino), e Volei praia (masculino e feminino). Os Xogos do Eixo Atlántico constitúen, en termos de participación, o maior evento deportivo europeo, no ámbito do deporte de base, xunto aos Xogos do Mediterráneo. Como referencia, os Xogos do Eixo Atlántico moveron a 2.000 deportistas na edición de 2009, e a 1.500 na do 2011. En canto a concellos, a delegación portuguesa máis numerosa que participou nos Xogos foi a de Vila Nova de Gaia, con 132 participantes, e a de Matosinhos con 129. De Galicia, os concellos que aportaron máis deportistas foron os de A Coruña (111 participantes), Pontevedra (101) e Ourense (100). Asimesmo, ademais de Sarria e Monforte, as cidades que participaron nesta edición foron: Barcelos, Bragança, Carballo, Chaves, A Coruña, Vila Nova de Famalicão, Guimarães, Lalín, Vila Nova de Gaia, Lugo, Matosinhos, Macedo de Cavaleiros, Penafiel, Ourense, Pontevedra, Peso da Régua, O Barco de Valdeorras, Viana do Castelo, Santiago de Compostela, Vigo e Vila Real.

Con todo isto, queda claro que o Eixo Atlántico aposta máis que nunca polo norte de Portugal e pola movilidade da Eurorrexión, a través da cultura e do deporte. Neste contexto, os Xogos do Eixo Atlántico prantéxanse como un instrumento para enviar unha mensaxe tamén ao goberno de Portugal, para que afronte os problemas que frean o desenvolvemento desta zona.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O pleno da corporación provincial acorda reducir máis gastos

Seguinte Nova

O Campus de verán da USC en Sarria analiza o camiño de Santiago como vía de comunicación e dinamización

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: