O Campus de verán da USC en Sarria analiza o camiño de Santiago como vía de comunicación e dinamización

Redacción- Sarria

Unha das moitas sinalizacións do Camiño de Santiago ao seu paso polo centro de Sarria. EC

O Campus de Verán da Universidade de Santiago de Compostela, organiza para a segunda quincena de xullo en Sarria un curso baixo o título O Camiño de Santiago, Comunicación e Dinaminzación Económica. As datas de celebración serán dende o vindeiro 26 ata o 30 de xullo, no salón de plenos do Concello de Sarria. O curso, que conta cun total de 30 horas lectivas e un límite de prazas de 50 alumnos; está cofinanciado polo Concello e a CRTVG. Asimesmo, levarase a cabo baixo a dirección de Luis Celeiro Álvarez.

Programa

A inauguración do curso está prevista para o día 26 de xullo ás catro e media da tarde. Xa ás cinco, terá lugar unha das primeiras conferencias a cargo de Cristovo Ramírez, xornalista e presidente da Asociación de Xornalistas e Estudosos do Camiño de Santiago. Pero ao longo destes cinco días trataranse diferentes temas como o camiño e a súa proxección económica, a riqueza dos recursos naturais no Camiño de Santiago, a súa influenza no desenvolvemento da Galicia interior ou a lei de protección dos Camiños de Santiago. Ademais, a xornada de clausura contará cun debate sobre as Letras Galegas e o Camiño de Santiago, moderado por Xoán Xosé Piñeiro.

Visitas

O Campus de Verán pretende ao mesmo tempo ir máis alá da teoría. Deste xeito, durante a realización do curso, tamén están programadas unha serie de saídas a lugares emblemáticos do camiño. Entre estas visitas figuran unha a Pedrafita do Cebreiro o 27 de xullo, para achegarse ao seu poboado; outra a Triacastela o 28 de xullo, visitando as escavacións na Cova de Eirós; o 29 de xullo ao mosteiro de Samos, e finalmente ese mesmo día, un percorrido cara Loúzara polo roteiro literario Fiz Vergara Vilariño.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Mozos de Sarria e Monforte participan na IX edición dos Xogos do Eixo Atlántico

Seguinte Nova

Opinión: «Reflexionando como docente», por Vicente Docasar

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss