A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha “O galego campa!”, un programa de dinamización nos campamentos de verán
Redacción-Monforte
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado veñen de poñer en marcha o programa de dinamización lingüística “O galego campa!”, destinado aos campamentos de verán. Este programa pretende favorecer o desenvolvemento da actividade en galego no contexto dos campamentos de verán da Xunta de Galicia, así como facilitarlles recursos aos monitores e monitoras para a realización de actividades que animen aos participantes a se expresaren nesta lingua.
A MÚSICA EN GALEGO COMO FÍO CONDUCTOR DAS ACTIVIDADES
Para esta primeira edición do programa “O galego campa!”, a Secretaría Xeral de Política Lingüística produciu un disco orixinal, titulado “Desparafusador de gominola” con temas funky, rock, e rap, entre outros, e interpretados por profesionais da música galega de primeira liña. O disco actúa como conductor de toda unha serie de actividades lúdicas, realizadas por Tagen Ata, que favorecen tanto a diversión como a reflexión e a aprendizaxe propias deste tipo de actividades, ao tempo que favorecen unha relación de respecto e valoración positiva do contorno e das características culturais e sociais de Galicia. As actividades incluidas este ano no programa “O galego campa!” van dirixidas a un público de entre 9 e 12 anos.
Posto que os monitores e monitores son os axentes formadores neste contexto, a Secretaría Xeral de Política Lingüística ven de realizar de forma previa a este programa unha sesión formativa para que a dirección dos campamentos e os monitores e monitoras coñezan os recursos e a metodoloxía propostos neste programa e, afacilitarlles tamén a realización da súa tarefa.