O pleno da corporación provincial acorda reducir máis gastos

No reparto de áreas, repite como deputado do PSOE na zona sur de Lugo, Miguel Ángel Sotuela

Redacción- Monforte

Imaxe do primeiro pleno da nova Corporación da Deputación provincial celebrado o pasado 7 de xullo, ao que asistiron todos os grupos políticos representados . DL

O novo organigrama de goberno da Deputación, así como os Deputados que xestionarán as diferentes áreas do organismo provincial durante os próximos catros anos xa foron dados a coñecer. O certo é que a renovación das áreas e do goberno é notable, sen embargo, tamén hai deputados que repiten nesta lexislatura. Un deles é Miguel Ángel Sotuela, concretamente do PSOE da zona sur de Lugo. Pola súa parte, trátase da corporación con maior presenza feminina da historia da Deputación con 5 mulleres, das que 4 son do PSOE fronte a 1 do PP. Con respecto ao número de cargos, suma 10 concelleiros e 3 alcaldes.

Miguel Ángel Sotuela, alcalde de Ribas de Sil, repite como deputado provincial. DL.

Áreas e responsables

O novo goberno continuará desenvolvendo as políticas iniciadas no anterior mandato, pero dando resposta con novas áreas aos actuais retos que afronta a provincia. As áreas non aumentan con respecto a 2007, seguen sendo 8 (6 do PSOE e 2 do BNG), pero inclúen tamén algunhas novidades. Miguel Ángel Sotuela, como sindicalista e alcalde de longa traxectoria, será o Deputado que xestionará a área de Goberno interior, na que Formación tamén ocupará un espazo importante. Mentres tanto, o resto de áreas repartiranse da seguinte maneira: Emprego, Economía Sostible e Demografía, con Lara Méndez ao cargo; Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos con Juan José Díaz Valiño ao cargo; Economía, Recadación e Facenda para a Deputada Delegada Pilar García Porto; Xestión Territorial con Manuel Martínez como Deputado Delegado; e Deseño e Artesanía (CENTRAD), na que a Deputada Delegada será Regina Polín. En canto ás áreas do BNG, Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico, será xestionada por Mario Outeiro; e Benestar Social, Deporte, Igualdade e Mocidade, será xestionada por Antonio Veiga. Xunta de Goberno Segundo esta distribución, a Xunta de Goberno estará formada polo Presidente, os Vicepresidentes Primeiro, Antonio Veiga, e Segundo, Lara Méndez; e polos Delegados de cada área: Juan José Díaz Valiño, Pilar García Porto, Miguel Ángel Sotuela, Manuel Martínez, Regina Polín e Mario Outeiro. É de destacar tamén que o organismo provincial incorpora por vez primeira a figura de Vicevoceira, que será desempeñada pola Deputada socialista do partido xudicial de Chantada, Pilar García Porto.

Pleno de organización

Celebrado o primeiro Pleno da nova Corporación provincial, hai que destacar numerosos acordos. Un dos máis importantes, a asignación para o persoal eventual de confianza do equipo de goberno, que diminuirá nun 20% con respecto ao anterior mandato, baixando dos 840.357 euros en 2007 aos 672.286 en 2011. Asimesmo, o orzamento para o funcionamento do goberno provincial aplica unha redución aínda máis notable, chegando ao 25%. As 9,5 dedicacións exclusivas de 2007 redúcense a 7,5; o que supón un aforro de 128.161 euros anuais. Pola súa parte, as retribucións dos dous grupos que compoñen o goberno da Deputación, incluída a do Presidente, permanecerán conxeladas. Con isto, as súas retribucións salariais en comparación coas do inicio do mandato anterior quedan do seguinte xeito: o Presidente baixará de 68.000 euros a 63.502 en 2011; os Vicepresidentes, que tiñan asignado un soldo de 60.000 euros hai catro anos, baixarán a 57.518 euros; os 5 delegados de área pasarán de 52.000 euros a 50.391 euros en 2011; e finalmente, só haberá unha dedicación parcial. Neste caso, o soldo baixa dos 26.000 euros a 25.737 euros. Polo que se refire ás dedicacións exclusivas dos grupos políticos (BNG 1, PSOE 2 e PP 3), cada membro percibirá 50.391 euros.

Plenos e Xuntas de Goberno

O Pleno tamén fixou as datas de celebración das Xuntas de Goberno e dos Plenos. No primeiro caso, estas seguirán tendo lugar todos os venres, ás 11:30 horas. Os Plenos continuarán o martes último de mes, pero pasando a sesión ás 11:00 horas. Así mesmo, tamén se acordou que as Comisións Informativas correspondentes a cada área de xestión estarán integradas, ademais de polo Presidente, por sete membros da Corporación.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Opinión: «A Lei de Montes», por Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común Lugo Sur

Seguinte Nova

Mozos de Sarria e Monforte participan na IX edición dos Xogos do Eixo Atlántico

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss