Redacción- Monforte
O pasado 30 de xuño ás oito da tarde, tivo lugar no Centro do Viño de Monforte, a presentación da Ribeira Sacra Jazz Orquestra, un proxecto que nace co obxectivo fundamental de servir de vehículo de promoción á Ribeira Sacra a través da asociación entre o sector do viño e a música jazz, potenciando a marca “Ribeira Sacra” entre persoas afecionadas ao jazz. Pola súa parte, a orquestra esta dirixida polo compositor vasco-galego Iñaki Askunze Parada, compositor vasco-galego e profesor da especialidade de Jazz de Harmonía, Arranxos, Composición e Combo no Conservatorio Superior de Música do País Vasco (Musikene), de Composición no Conservatorio Superior de Música Pablo Sarasate de Pamplona, e Director da Pirineos Jazz Orquesta.
Composición
A Ribeira Sacra Jazz Orquestra está composta por 17 músicos que na súa presentación interpretaron un concerto de corenta minutos, seguido dun pequeno ágape aos alí presentes. Entre os asistentes, o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, quen tamén foi o encargado de presentar a orquestra; e o alcalde de Sober, Luis Guitián, así como numeroso público.