Sogama compromete melloras para a xestión das 500 toneladas de lixo que soporta a pranta de Sarria cada mes

Redacción – Sarria

O Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente -SOGAMA-, Luis Lamas, visitou a primeiros deste mes de xullo as instalacións da pranta de transferencia de residuos de Sarria acompañado da Concelleira de Medio Ambiente, Noelia Díaz. Estas instalacións foron postas en marcha no ano 2008 para dar servizo ao Concello de Sarria e aos Concellos que conforman a súa comarca na zona do Morelle.

A nova concelleira fixo fincapé na elavada carga de traballo que soporta a pranta debido á gran cantidade de lixo xerado entre todos os concellos, máis de 500 toneladas mensuais, solicitando ao responsable de Sogama que se realicen melloras na pranta para poder soportar tal cantidade de lixo diario. Pola súa banda, Luís Lamas asumiu o compromiso de acometer as melloras necesarias, comprometéndose tamén á realización, a través de diferentes convenios, de distintos programas encamiñados a reducción na xeración de residuos e na mellora na sepración en orixen.

Puntos limpos

Na mesma zona do Morelle, atópase tamén o punto limpo de Sarria, servizo que se completou en xuño de 2010 con tres minipuntos limpos que permitarán a reciclaxe de cd’s, pilas alcalinas, salinas e de botón ademais de tóner de impresora e lámpadas, espallados polo casco urbán. A instalación e o mantemento do tres minipuntos limpos é gratuíta para o Concello de Sarria, grazas ao convenio coa Rede Española de Cidades polo Clima, Rede á que pertence Sarria desde o 2007, integrada desde ese mesmo ano na Rede Galega de concellos pola Sostibilidade e subscribindo os compromisos da Carta de Aalborg.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Visita dos irmáns bretóns de Guérledan á vila de Sarria

Seguinte Nova

En barca polo Cabe: Voltan a Monforte os paseos polo río todos os días da semana

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: