Visita dos irmáns bretóns de Guérledan á vila de Sarria

O irmandamento entre Sarria e a localidade Bretona de Guérledan vivirá un momento especial novamente este mes de xullo, cando unha expedición de veciños da Bretaña visitarán Sarria participando de numerosas actividades de acollida. O día 16 chegarán os irmáns, que pola noite desfrutarán dunha velada nas instalacións da sociedade La Unión con música galega e bretona e coa participación da asociación cultutal sarriana Peleriños. O día 20 terá lugar a cea de irmandamento no hotel Carrís Alfonso IX. Os amigos da Bretaña permanecerán na vila deica o día 21 de xullo. Ambas comunidades realizan ao longo do ano diversas actividades de intercambio encamiñadas á posta en común dalgunhas características e ao coñecemento doutros rasgos culturais e sociais diferenciadores destas dúas rexións europeas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Enquisa a pé de rúa: ¿Que lle parece o novo sistema de recollida de lixo?

Seguinte Nova

Sogama compromete melloras para a xestión das 500 toneladas de lixo que soporta a pranta de Sarria cada mes

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: