Redacción – Sarria
O pasado venres 15 de xullo, tivo lugar a reunión da Xunta Local de Seguridade do concello de Sarria. A ela asistiron, entre outros, o subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe; o alcalde de Sarria, José Antonio García; e numerosos responsables da Garda Civil, da unidade de Tráfico e da Policía Local, así como un representante da Administración autonómica.
Pola súa parte, entre os datos máis destacados segundo informou a Subdelegación do Goberno, esclarecéronse 18 dos 34 delitos, o que supón arredor do 52,9%. Asimesmo, dos 21 roubos coñecidos resolvéronse 5 (un 23,8%). En canto á taxa de criminalidade, esta situouse en 7,27 infraccións por cada 1.000 habitantes, “moi por de baixo da media da provincia e de Galicia”, explicaron.