Acordo turístico entre Lugosur e o hotel balneario de Pantón

Redacción- Monforte

A asociación de empresas rurais Lugosur asinou recentemente un acordo de colaboración co hotel balneario Oca Augas Santas de Pantón, polo que os seus clientes terán descontos de ata o 50% no campo de golf e nas instalacións do balneario. O acordo inclúe ademais a todas as empresas de Lugosur, tales como restaurantes ou adegas.

Firma do convenio en Pantón. EC

Complemento turístico

O obxectivo do acordo non é outro que o de potenciar o turismo na Ribeira Sacra, e ao mesmo tempo complementarse como oferta turística en vez de anunciarse como competencia. Deste xeito, o convenio firmado permitirá a creación de paquetes turísticos por parte das empresas locais, que terán a ocasión de engadir ás súas ofertas o uso do campo de golf e do balneario, e viceversa; os clientes do hotel balneario poderán acudir a restaurantes locais ou realizar outro tipo de actividades tamén con desconto. Asimesmo buscouse un mellor aproveitamento dos recursos que ofrece a Ribeira Sacra. É de destacar que a asociación Lugosur xa mantiña outro convenio co hotel de Augas Santas que lle permitía ofrecer aos clientes das súas empresas acceder con desconto ao circuíto acuático do balneario.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O PSOE de Pantón amosa a súa disconformidade cos salarios do Concello

Seguinte Nova

Melloras nos accesos a viñedos en Pantón

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: