Aprobado o financiamento dos soldos para os catro bombeiros do parque de Monforte

O goberno provincial tamén anunciou o correcto funcionamento de tres rutas de catamarán ata setembro

Redacción- Monforte

Nunha das últimas xuntas de Goberno da Deputación aprobouse a addenda ao convenio subscrito entre a Deputación de Lugo e o Concello de Monforte de Lemos o pasado mes de maio, para o financiamento dos soldos dos bombeiros interinos do parque das Lamas ata a súa integración no Consorcio. Deste xeito, o organismo provincial garante que os catro profesionais que se atopan neste grupo cobren a súa nómina como cada mes ata o momento da integración, ao igual que o resto de bombeiros que dende o día 1 de maio prestan o seu servizo nos parques de Sarria e Chantada, entre outros. Pola súa parte, o importe da addenda é de 140.650 euros que se suman aos 130.000 concedidos xa no marco do acordo asinado entre a institución provincial e a entidade local hai dous meses. No caso dos outros cinco bombeiros, que eran funcionarios de carreira, o Concello aprobou por unanimidade en marzo a súa integración na área municipal de recente creación denominada “Servizos á Comunidade”.

ABERTAS TRES RUTAS DE CATAMARÁN

Por outra banda, a área de Turismo da Deputación de Lugo ven de informar que actualmente están en correcto funcionamento tres rutas fluviais en catamarán que dependen da xestión directa desta área. Concretamente, trátase por un lado da ruta a través do tramo lucense do río Sil, con saída de Doade, e que ten dúas saídas diarias dende xuño ata setembro ás 11:30 horas e 16:30 horas. En segundo lugar, a ruta do Miño no encoro dos Peares, con saída no propio embarcadoiro dos Peares, e cos mesmos horarios de saídas que o anterior. E por último, cóntase coa ruta do Miño con saída da área recreativa dos Robles, en Lugo cidade. Esta última ruta permanecerá aberta de xuño a setembro ininterrompidamente e posúe un horario de rutas máis amplo cas anteriores xa que as viaxes son máis curtas, que son: ás 12:00 horas, 13:00, 16:30, 17:30 e 18:30 horas.

MÁIS INFORMACIÓN

Para todas estas rutas a Deputación de Lugo mantén unha páxina web -http://www.lugoterra.com/rutas_fluviais.asp-,con información actualizada e a través da cal se poden adquirir os billetes para os traxectos, aínda que tamén se poden mercar 20 minutos antes de cada saída no propio catamarán ou ben empregando o teléfono 982- 260 196 (en horario de luns a venres de 8.30 a 14:30 horas).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Mostra do Mel cumple vinte anos en Quiroga

Seguinte Nova

IX Feira Tradicional Outrora en Rubián, Bóveda

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss