Redacción- Sarria
O pasado día 20 de xullo, os participantes na III edición do Campus Baloncesto no Camiño de Sarria, foron recibidos polo alcalde da vila, José Antonio García, nun acto celebrado no salón de plenos. Deste xeito, tiveron oportunidade de compartir impresións sobre o desenvolvemento do campus e tamén sobre o propio municipio, xa que habitualmente os rapaces desta actividade tamén se integran de cheo na vila.
O terceiro campus de baloncesto comezou este ano cunha participación record, e duplicando a asistencia de anos anteriores, ao contar con 114 nenos e nenas dispostos a aprender e a poñer en práctica todos os fundamentos do baloncesto.