Redacción- Monforte
Varios lugares da Parroquia de Proendos en Sober foron nos pasados días obxecto de obras de mellora na súa rede de subministración eléctrica. Na actualidade, e segundo informaron dende o Concello, o servizo eléctrico sufre con asiduidade baixóns de intensidade e os veciños non poden moitas veces conectar varios aparatos eléctricos ao mesmo tempo. As obras que se iniciaron fai unhas tres semanas e que se prolongarán aínda durante os vindeiros días consisten na colocación dun novo Centro de Transformación de 100 caveas, una nova liña de media tensión de case un quilómetro e 2 quilómetros de nova rede de baixa tensión; os lugares que se verán mellorados por unha obra que dende o goberno local se considera fundamental son A Pena de Arriba, A Pena de Abaixo, O Val e Sober e O Vello; o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, considera que con esta obra as melloras afectaran o suministro eléctrico de toda a parroquia de Proendos. As obras en marcha teñen un orzamento de execución de 50.000 euros.
Acondiconamento de viais
Tamén se están a levar a cabo neste momento obras de acondicionamento de pistas nas Ribeiras do Sil e do Cabe financiadas pola Xunta por un importe aproximado de 150.000 euros. Foron xa rematas as obras de formigonado de pistas de acceso a viñedos da Ribeira de Rosende cun investimento algo superior a 50.000 euros. Nestes momentos están en marcha diversas actuacións en camiños pola Ribeira de Anllo dende Hortás cun presuposto de preto de 36.000 euros. Tamén estaba previsto nestes días o inicio dos traballos de mellora de accesos a explotacions de viñedo na Costa de Rosende e na zona coñecida por San Amaro na Ribeira de Doade cun orzamento de 60.000 euros.