Grupos políticos e empresarios da cidade valoran o Acordo por Monforte

Redacción- Monforte

O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez reuníuse cos voceiros dos demais grupos políticos e da asociación de empresarios para darlle o empuxe definitivo a un acordo de quince propostas elaborado tralas pasadas eleccións municipais. Segundo explicou o alcalde antes desta reunión, trátase dun acordo que reflexa as propostas que tiñan en común os tres grupos municipais nos seus programas electorais, “e agora é o momento de unir todas as forzas políticas e sociais para sacalo adiante”. Pola súa parte, os tres obxectivos principais do documento que contén esas 15 propostas son a creación de emprego, mellora das infraestruturas, e garantir o benestar social, pero tamén tratar de incluir o Plan especial para o casco vello e o Plan Xeral de Ordenación Municipal. En relación a estes dous puntos, dende o Concello agardan que os dous plans de urbanismo conten xa con algún resultado a finais deste ano, “que estén bastante avanzados polo menos”, indicou o alcalde.

O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez. EC

Segundo explicou, a empresa encargada da elaboración do plan para o casco vello está a realizar o traballo de campo, así como a recollida de datos para completar as fichas de cada un dos edificios. En relación ao PXOM, xa incorporada ao proceso a declaración de impacto ambiental enviada pola Xunta, “nestes intres estamos coa preparación do documento base, algo que tamén agardamos ter dispoñible a finais de ano”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

En marcha as obras de suministro eléctrico en Proendos e mellora de viais na ribeira

Seguinte Nova

Regulamento da publicidade no concello

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: