Melloras nos accesos a viñedos en Pantón

Raquel Arias visitou as obras e anunciou varias actuacións en dez concellos da Ribeira Sacra

Redacción – Monforte

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, achegouse hai uns días ata o concello de Pantón, onde anunciou que a Consellería de Medio Rural está a executar obras de mellora de accesos a viñedos en dez concellos da Ribeira Sacra lucense; un deles o de Pantón, no que visitou as obras co alcalde da localidade, José Luis Álvarez. No mes de xullo deron comezo os últimos traballos pendentes dentro do paquete de proxectos contratados para este fin. As actuacións, algunhas xa rematadas, suman un investimento de 1.484.217 euros e benefician concretamente aos concellos de Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra de Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao, Sober e Taboada.

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, é recibida polo alcalde de Pantón, José Luis Álvarez. EC

Actuacións en Pantón

No caso de Pantón, Arias visitou os traballos que se estiveron a executar, adxudicados en algo máis de 324.000 euros, e que actuarán sobre preto de 11 quilómetros de pistas en diversas zonas do concello. O proxecto contempla así a mellora de camiños nas parroquias de San Román de Acedre, Cangas, Espasante, Santiago de Castillón, Pantón e nas ribeiras do Miño, e está previsto que todas as reformas estean rematadas no outono. As obras de mellora de accesos aos viñedos da Ribeira Sacra foron contratadas tanto da man da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia como da propia Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural. Unha boa parte dos traballos son asumidos directamente pola empresa pública Seaga.

Un momento da visita da delegada territorial da Xunta en Lugo aos viñedos de Pantón, acompañada polo rexidor local. DTL.

Axudas a viñedos

Por outra banda, a delegada territorial lembrou que a Consellería de Medio Rural rexistrou 133 solicitudes de viticultores da provincia de Lugo que se acolleron este ano aos plans de reestruturación e reconversión do viñedo. As axudas están dirixidas aos produtores que acometen actuacións de reconversión varietal, reimplantación dos viñedos ou mellora das técnicas de xestión.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Acordo turístico entre Lugosur e o hotel balneario de Pantón

Seguinte Nova

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia, fai balance da súa xestión nunha entrevista para EC

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

     
A %d blogueros les gusta esto: