O alcalde de Monforte participa na Comisión Executiva do Eixo Atlántico

Redacción- Monforte

O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez ven de participar na Comisión Executiva do Eixo Atlántico, celebrada hai uns días en Vigo. En dita sesión tratáronse algúns temas como a situación dos roubos de mercancías a camioneiros galegos no Norte de Portugal, así como a conexión ferroviaria Vigo-Porto.

O alcalde de Monforte, entre outros, na sesión da Comisión Executiva do Eixo Atlántico. EA

Pola súa parte, o presidente do Eixo Atlántico, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou trala comisión celebrada que “para o Eixo Atlántico é irrenunciable unha infraestrutura estratéxica como o tren de Alta Velocidade, xa que se trata da vertebración da eurorrexión”. A Comisión Executiva extraordinaria contou ademáis coa participación do alcalde de Lalín, Xosé Crespo Iglesias; e o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Prórroga nas eleccións do Consello Regulador

Seguinte Nova

Asinado o convenio para a posta en marcha das oficinas de turismo virtuais na Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: