Redacción- Monforte
O Grupo Municipal do PSOE de Pantón ven de amosar a súa disconformidade cos salarios aprobados polo equipo de goberno, xa que segundo explicaron, “non aplicaron ningunha política de austeridade das que tanto falan”. Así, o custe para o Concello de Pantón pasou dos 30.600 euros anuais da antiga corporación, aos 52.600 euros da actual; o que supón un incremento para este ano de algo máis de 20.000 euros.