Os socialistas monfortinos amosan o seu descontento ante o traslado da Oficina de Turismo

Redacción- Monforte

O voceiro do grupo municipal socialista de Monforte, José Tomé Roca, manifestou o seu malestar ante o recente traslado da oficina de turismo do concello dende a Compañía ata o Centro do Viño. Segundo explicou “foron moitos os veciños os que nos fixeron chegar o seu descontento, especialmente comerciantes e hostaleiros, porque estiman que perxudica ou dificulta o acceso á información por parte dos turistas que nos visitan”. En relación a isto, dendo o Partido Socialista deixaron claro que despois de máis de 20 anos, o traslado das instalacións supón un erro, principalmente “pola súa fácil visibilidade, pola facilidade de acceso á propia oficina tendo espazo onde aparcar, por atoparse na zona monumental dos Escolapios, e porque dende a Compañía se distribúen moi ben os turistas dentro da cidade”. Asimesmo, o voceiro socialista engadiu que dito cambio de ubicación “responde a outros motivos máis preocupantes que non son os de optimizar recursos, senon ao de non deixar sen actividade o Centro do Viño ante o futuro cambio de sede do Consello Regulador”. Xa por último, José Tomé explicou que máis que un cambio de lugar, o primeiro que debería facerse sería “dotar de persoal cualificado e con idiomas” a propia oficina para prestar o mellor servizo posible.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

María Xosé Vega Buján, responsable da área de Turismo en Monforte:

Seguinte Nova

Novo equipo de fútbol sala na comarca de Lemos

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: