Apoio ao deporte en Venezuela

Redacción-Monforte

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez Núñez, na súa visita a Caracas (Venezuela), estivo presente no partido celebrado con motivo da conmemoración da copa Don Julio Álvarez Núñez, que se xoga en Venezuela; país no que xoga o clube Deportivo Quiroga Fútbol Club de Venezuela. Foi un partido amistoso entre os integrantes do Deportivo Quiroga F.C. Quiroga A e Quiroga B, cun resultado a favor do Quiroga A por 3 goles a 1. Unha vez rematado o encontro, o alcalde fixo entrega do trofeo ao equipo gañador.

Á esquerda, o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, co equipo local. C.Q.

De igual xeito, entregouse unha placa como recoñecemento a Julio Álvarez, en agradecemento pola colaboración prestada tanto persoal como institucionalmente. O encontro levouse a cabo nas instalacións do campo Fray Luis, en Las Mercedes, Caracas.

Cultura para o mes de agosto

Na sala de exposicións da Casa da Cultura do Concello de Quiroga pode visitarse ata o 15 de agosto, a primeira exposición colectiva de pintura de alumnos da Asociación socio-cultural da Comarca de Quiroga. Poden contemplarse obras dos pintores: Sara Iglesias, Charo González, Remedios Estévez, Émily González, María del Carmen Macía, Delia López, Lucía Álvarez e Sara Casanova. Asimesmo, dende o Concello informaron que debido á maior afluencia de visitantes ampliáronse os horarios de atención ao público para a o Museo Etnográfico Municipal e para a Oficina de Turismo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Asociación Donicela: Dezaoito anos animando o verán de Sarria con ilusión e orixinalidade

Seguinte Nova

Obras de mellora en camiños municipais de cinco parroquias de Sober

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss