Doade á vista…

O tren percorre a capital das ribeiras de Amandi e prepárase a segunda festa romana

Carmen Vázquez, promotora de diversas iniciativas turísticas en Sober

Redacción-Monforte

O tren turístico percorre as ribeiras de Doade este verán amosando a viticultura heroica. Avista

En Doade están a xurdir nos últimos tempos unha serie de iniciativas que parten de mans privadas e en moitos casos, veciños que deciden emprender no seu lugar de orixe. Vostede é un bo exemplo, empresario de hostalería dende hai tempo, iniciou nos últimos tempos un exitoso proxecto que consiste en ofrecer unha ruta polas ribeiras de Amandi en tren turístico Que acollida está a ter este verán o tren Aba Sacra da empresa A Vista? Cubre algún oco que existía na oferta turística da zona?

Trátase dun proxecto turístico-cultural, feito dende a iniciativa privada para a posta en valor dos valores ancestrais que están a piques de desaparecer por mor da globalizacion universal. Queremos que o cidadan da era dixital coñeza e transmita os valores atemporales, imperterritos ante o paso do tempo: unidade, solidaridade, etc que se manifestaban por exemplo nos traballos colectivos e formas de organizacion das comunidades veciñais; un bo exemplo e a viticultura heroica cuxo berce está precisamente por donde transita o Tren Turístico Tschu-Tschu Aba Sacra evocando epocas que deberían ser ensinadas nas Universidades. Este novidoso proxecto turístico-cultural que discurre polos fitos mais importantes do Canon do Sil nas abas de Doade e Amandi está a ter unha excelente acollida, pois atravesa polo medio dos viñedos, donde o Sil, os roquedos e a fauna conforman unha sinfonía que e preciso escoitar.

Carmen Vázquez, de A Cantina, é unha das promotoras do tren. A.C.

Por outra banda, a asociación de empresarios de turismo da zona puxéronse de acordo para promover a primeira Festa Romana da Ribeira Sacra o pasado verán, iniciativa que se repetirá proximamente ¿Como xurdiu a idea? ¿ Haberá novidades este ano?

Nós temos un antepasado romano. Tras o decreto de Diocleciano que liberalizaba o cultivo da vide fóra da actual Italia, os lexionarios romanos percatados das excelentes condicions da orografia, clima e temperatura para producir este excelente nectar dos deuses, puxeronse a construir os actuais socalcos que conforman a viticultura heroica. Con estes antecedentes e como queira que o ano pasado o equipo anterior na área de turismo da Deputación non defendeu aos empresarios frente a Iberdrola – caso similar ao sucedido este ano no Miño, pero con un final feliz grazas aos novos responsables– puxémonos a pensar e grazas a empresas como a Cantina e Regina Viarum, sacamos para adiante este marabilloso proxecto que ten vocacion de converterse nun paradigma en toda e para toda a Ribeira Sacra. É unha festa de todos, do noso pasado e do noso viño. Na conxuntura de profunda crise económica que vivimos actualmente, é meritorio apostar polo interior de Galicia e en concreto polo sector turístico.

Na súa opinión, ¿ está suficientemente desenvolvida a oportunidade económica que nos ofrece este territorio? ¿ en qué medida considera importante o papel das administracións e da iniciativa privada? Pero estes primeiros proxectos son tan só o principio dunha serie de ideas de futuro enmarcadas na filosofía de promover a paisaxe, a gastronomía e a cultura vitivinícola da zona ¿ que pode adiantarme sobre isto?

Este anaco da Galiza interior -Ribeira Sacra-esta chea de posibilidades. Nós cremos na nosa terra, pero somos nós mesmos os que temos que sostela e levantala, non a Administración Pública, xa que o Estado pola sua propia organizacion basada en criterios formalistas en aras da defensa da legalidade, é ineficaz, lenta e extemporanea. Non creemos nela, e máis coidamos que o mellor Estado é o que menos interven. Somos emprendedores libres, cremos que a iniciativa privada e a que crea riqueza, un equipo de empresarios unidos e coordinados con proxectos que aí estan: adegas, restaurantes, casas de turismo rual, Tren Tschu-Tschu, club náutico e outros grandes proxectos que estan a punto de sair á luz como son a romanizacion de Doade, a recuperación da vía Apia, a equitación e os coches tirados por cabalos.

¿ Que se pode atopar en Doade?

En Doade ofrecemos ao visitante unha estadia completa chea de experiencias sobrenaturais: visitas a adegas, viaxe en Tren Turístico polas ladeiras do Sil entre os viñedos de Amandi, excelente xantar nos restaurantes da zona ou visitas ao mirador Via Apia na adega Regina Viarum, viaxes en catamarán e alozamentos en casas de turismo rural.

1 Comment Deixa unha resposta

  1. ESTA É UNHA EXCELENTE INICIATIVA. A POSTA EN VALOR DA VITICULTURA HEROICA. TODA UNHA HEROICIDADE NOS TEMPOS QUE CORREN. PARABÉNS PARA A EMPRESARIA.
    E SOBRE TODO, A OPINIÓN QUE DA DO FUNCIONAMENTO EN XERAL DOS POLÍTICOS, QUE MIRAN PARA
    OUTRO LADO, ANDAN O SEU. A EMPRESA PRIVADA É A QUE MOVE O PAÍS.
    ENHORABOA ÓS EMPRESARIOS DE DOADE, UNIDOS TODOS, E ASÍ SE VE NA ZONA COMO ESTÁ A MEDRAR. DENDE HAI UNS ANOS NON SE COÑECE¡¡
    E SIN AXUDAS DE NINGUN TIPO POR PARTE DO CONCELLO, DIPUTACIÓN, NIN NAIDE.
    ENHORABOA, CARME, SEGUIDE ASÍ. O PAIS NECESÍTAVOS E NON ÓS POLÍTICOS QUE ACABAN CON NÓS.
    VIVEN TODOS DO CONTO, FACENDO QUE FAN COUSAS COS CARTOS ALLEOS. CA CANTIDADE DE PARTIDOS, ASESORES, AMIGOS QUE VIVEN A CONTA DO ERARIO PÚBLICO. GRAZAS A DIOS QUE ESTO VAISE ACABAR.
    PEPE DE LEMOS

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Juan Carlos Armesto, presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, analiza o feito turístico

Seguinte Nova

Fondos europeos para a provincia

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss