Feira do Cabalo en Saviñao o 28 de agosto

Os afeccionados ao mundo equino teñen nova cita en Escairón

Redacción-Monforte

A Feira do Cabalo do Saviñao contará este ano cunha programación máis completa no seu obxectivo de consolidarse como cita referente no mundo da afección equina. Ás diversas actividades coma o concurso morfolóxico por razas ou andadura, as exhibicións e a comida campestre, sumarase este ano unha pequena carreira que se desenvolverá no circuito habilitado para a ocasión no contorno do mercado gandeiro. Os premios tamén se incrementan, segundo a organización, que nesta edición realizará o sorteo dun pura raza árabe. A apertura da feira cabalar será o 28 de agosto ás nove da mañá e comezará cunha ruta a cabalo polo municipio. As previsións de asistencia son incluso superiores ás da feira do ano pasado na que xa se acadou un importante éxito, tendo en conta que se trataba de recuperar un evento que xa se celebrara anos atrás en tres ocasións. A crecente afección polos cabalos é o que motiva aos organizadores, un pequeno grupo de rapaces do municipio integrado por José Fernández, Javier Prado e Ramón Varela, a traballar pola consolidación da feira coa axuda doutros compañeiros de andadura. O seu finanzamento é unha ardua tarefa, xa que ademáis da colaboración do Concello do Saviñao, require do apoio dos veciños e comerciantes do Saviñao, que este ano fixeron notar a crise nas súas aportacións.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sober homenaxea á familia Barbagelata

Seguinte Nova

Festival do Castro en Pantón e actividades de verán

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: