O vindeiro día 20 de agosto, o concello de Pantón acollerá unha edición máis do Festival do Castro. Nunha das últimas reunións celebradas valoráronse os distintos grupos que poderían recalar no festival así como as distintas actividades ao longo de toda a xornada. Dende a organización apostarán por repetir fórmulas exitosas de pasadas edicións como os pasarrúas, a Feira de Artesanía, Campeonato de Birlos, Xantar Popular con Café Concerto e Xogos de malabares. Este ano ademais, contarase coa presenza do grupo checo “United Flavour”. Pola súa banda, o concello de Pantón organiza unha ruta de sendeirismo o sábado día 13 cun percorrido para visitar Á Cruz, o mirador de Pena Pombeira e a Estación de Santo Estevo.
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa