Fondos europeos para a provincia

A Deputación de Lugo é a quinta entidade local que máis fondos europeos recibe de España. A institución provincial suma preto de 18 millóns de euros, dando así continuidade aos obxectivos dos programas iniciados: creación de emprego, frear o despoboamento e consolidar o medio ambiente como recurso estratéxico. Dentro da convocatoria do Ministerio de Política Territorial para este ano, rexistráronse 204 candidaturas en España, das que 120 recibiron o apoio da UE con case 344 millóns de euros. Asimesmo, o Secretario de Estado anunciou que o Goberno Cental aumentará nun 14% o financiamento para as Corporacións Locais de España en 2012, polo que a Deputación recibirá 17,1 millóns de euros máis que o ano anterior.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Doade á vista…

Seguinte Nova

O Concello de Ribas do Sil mellorará o entorno urbán e instalará unha caldeira de biomasa

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: