Redacción- Monforte
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, informou dunha serie de obras que están a levarse a cabo en distintos camiños do municipio. Trátase de asfaltados en camiños municipais, e en todos os casos da rexeneración do firme con dous regos asfálticos. Pola súa parte, as obras están levándose a cabo en cinco parroquias, nas carreteras dende A Vilerma en Santiorxo por Veliños, ata o Campo de Bulso; dende O Pacio en Bulso, ata Xanimol en Figueiroá; dende o cruce de Nabán con Xanimol, ata Liñarán; e dende A Burdalla en Anllo Santo Estevo, ata o lugar de O Arroxó. Todas elas son financiadas pola Xunta de Galicia, dende a Consellería do Medio Rural a través do plan PIR-2011. A maiores, o alcalde explicou que “aproveitando o acondicionamento destas vías de comunicación, vaise levar a cabo a sinalización dos lugares e cruces de camiños que afectan aos traxectos en obras”.