A Deputación restablece as viaxes despois de visitar os embarcadoiros
Redacción-Chantada
O vicepresidente da Deputación de Lugo, mailo delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, os nacionalistas Antonio Veiga e Mario Outeiro, respectivamente, acompañados de directivos de Gas Natural Fenosa, visitaron a finais de xullo as obras realizadas nos embarcadoiros das rutas de catamarán do encoro de Belesar, que se realizaron para poder manter activas as viaxes en catamarán tralo descenso de nivel da auga no río Miño. Mario Outeiro explicou durante a visita que as obras nos embarcadoiros realizáronse en catro puntos diferentes, dunha banda en Belesar e Os Peares, que son as dúas puntas ou cabeceiras das rutas que transcorren polos Peares, máis en Maiorga e A Cova, que son dúas paradas intermedias que se realizan nas rutas.
Por esta razón, Mario Outeiro indicou que “con estas actuacións e grazas a poñer de novo en servizo a ruta de catamarán que saía de Belesar pobo estamos dalgún xeito incidindo nunha recuperación do sector hostaleiro e turístico da zona; ainda que sexa cunha solución urxente e provisional”.