Sober homenaxea á familia Barbagelata

O cine estará agora máis presente que nunca grazas á Rúa do Cine Barbagelata

Redacción-Monforte

No concello de Sober homenaxeouse o pasado 6 de agosto á familia Barbagelata, outorgándolle o seu nome a unha das rúas da vila. Os actos comezaron coa recepción da familia e invitados na Casa Consistorial, a cargo da Delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e do alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, para máis tarde, descubrir a placa co nome da rúa.

Membros da familia Barbagelata diante da placa que dá nome á rúa.CS

O Concello de Sober rendiu así homenaxe a unha das familias máis importantes do mundo cinematográfico nacional, pasando a denominar a antiga Rúa do Cine como Rúa do Cine Barbagelata. A familia Barbagelata foi pioneira do cine en España a principios do século XX. Tras percorrer medio país os Barbagelata chegaron a Galicia, e asentáronse en Monforte cara 1910. A finais dos anos 50 Alfonso Barbagelata, coa sua dona Olga Martínez, abriu unha sala de cine en Sober, que pechou a mediados dos 70. Segundo explicou o alcalde, “para Sober é una extraordinaria honra poder unir de por vida un apelido tan importante ao propio pobo”. O programa de actos rematou cunha mesa redonda sobre cine, e unha exposición sobre cine e os Barbagelata.

Representantes da familia Barbagelata na súa intervención ante o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, durante a homenaxe. CS.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Obras de mellora en camiños municipais de cinco parroquias de Sober

Seguinte Nova

Feira do Cabalo en Saviñao o 28 de agosto

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss