Turistas de toda España achéganse a Chantada para coñecer máis sobre as rutas do viño e a Ribeira Sacra

Redacción-Chantada

O concello de Chantada é durante os meses de verán un dos municipios que máis actividade turística rexistra. Entre as principais demandas dos visitantes, segundo indicaron dende a oficina de turismo do Concello, está a demanda de información xeral, como por exemplo “que visitar, aloxamentos, actividades de lecer e tamén información sobre a Ribeira Sacra”. A maiores, son moitos os que ultimamente solicitan información a nivel de Galicia, e especialmente, datos concretos sobre as rutas do viño. “Entre os turistas que nos visitan tamén hai xente que xa sabe o que se pode ver na zona, ainda que o que precisan é a información de como chegar aos sitios”, explica a responsable da oficina de turismo, Teresa Otero. “Saben que hai románico, saben que hai viño, que hai paisaxe, pero queren saber como chegar”.

A oficina de turismo do Concello de Chantada está situada na Casa da Cultura. EC

Pola súa parte, entre o perfil de visitantes destacan sobre todo familias e parellas, “e principalmente madrileños, catalanes, xente de Valencia e Andalucía, e tamén do norte, de Cantabria e do País Vasco”. En canto a cifras de visitantes, o mes de xullo foi semellante ao do ano pasado, con algo máis de 250 turistas. “E para o mes de agosto agardamos, se non superar esta cifra, alomenos igualala. Hai que ter en conta que agosto é o mes de vacacións por excelencia”, sinala a encarda da oficina de turismo.

NOVOS RECURSOS

Cómpre destacar asimesmo, que nos últimos meses o Camiño de Inverno tamén está a aumentar a afluencia de xente, “e mesmo aquí en Chantada poden conseguir as credenciais”, ao igual que a guía turística publicada recentemente, “que está a ter moita e moi boa aceptación”. Finalmente, na páxina web do Concello, que en breve será renovada, tamén se pode acceder ao rueiro totalmente acutalizado. Da nova páxina web estase a encargar a Deputación de Lugo, que unha vez rematada pasará de “.org” a “.es”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Festival de Maxia e I Festa da Xuventude, entre as actividades de verán en Sarria

Seguinte Nova

Jesús Rodríguez Muiños, “Carolo”, novo adestrador da S.D. Chantada:

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: