A Deputación inviste 55.700 euros no acondicionamento de accesos en A Pobra do Brollón

O organismo provincial ven de aprobar as contas xustificativas dos concellos de Sarria e O Páramo, entre outros

Redacción-Monforte

O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, avanzou que a Deputación está a iniciar obras por valor de 180.000 euros nos Concellos da Pobra do Brollón, A Pontenova e Barreiros. Martínez fixo este anuncio logo de que a Xunta de Goberno acordase o último trámite necesario para o inicio destes traballos: a aprobación dos plan de seguridade e saúde. A institución provincial acondicionará en A Pobra do Brollón os accesos en Abrance, A Pobra, Pinel e do pavillón deportivo municipal. Segundo os responsables provinciais, estes traballos, para os que o organismo provincial achega 55.700 euros, estarán rematado en 2 meses.

Un momento da intervención dos responsables provinciais trala Xunta de Goberno. GPDL

Aprobación das contas xustificativas de varios concellos

Por outra banda, na última Xunta de Goberno do mes de agosto aprobáronse ademais as contas xustificativas de 9 obras do Plan de Comunidades Veciñais acometidas nos Concellos de Sarria, O Páramo, Becerreá, Cospeito e Monterroso por valor e 109.000 euros. Desta cantidade, a institución provincial aportou 81.700 euros e os colectivos os restantes 27.300 euros. As actuacións realizadas foron o acondicionamento do local social na parroquia de Santa María de Vilar (Sarria); acondicionamento do local social en Paredes (O Páramo); mellora do camiño da fonte en Vilarmosteiro (O Páramo); acondicionamento de camiños en Vileiriz (O Páramo); formigonado do camiño da igrexa en Liber (Becerreá); construción do local social, depósito de auga e escolleira en Agüeira (Becerreá); renovación da cuberta da igrexa en Becerreá; pintado interior e torre da igrexa de Xermar (Cospeito) e formigonado do núcleo de Seixós (Monterroso).

Plan de Pequenas Infraestruturas

Na súa intervención, Martínez explicou que neste momento a Deputación tamén está a aboar as subvencións de 2011 do Plan de Pequenas Infraestruturas para Concellos de menos de 5.000 habitantes, conforme os municipios entregan a xustificación das obras. Segundo estes datos, a día de hoxe están rematados o 33% dos traballos. Martínez avanzou que “co obxectivo de garantir a realización do 100%, un total de 59 obras que en principio debería estar listas o 15 de setembro, ampliamos en 1 mes o prazo de execución”. Isto supón que, os 54 Concellos beneficiados desta última convocatoria poderán pedir unha prórroga, dirixíndose ó departamento de Cooperación cos Concellos da institución. O tamén Deputado de Xestión Territorial salientou que “tomamos esta medida, conscientes da importancia destas axudas xa que supoñen unha inxección de cartos para os Concellos neste momento de crise, contribúen a manter centos de postos de traballo nun sector tan castigo como o da construción e logran crear novos servizos ós veciños, aforrando estes custes ás arcas municipais”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O conselleiro de Medio Rural visita a adega Guímaro en Sober

Seguinte Nova

Sarria acolleu por primeira vez unha etapa da Vuelta Ciclista a España

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: