O Clube Fluvial de Monforte recibirá 10.000 euros da Deputación para rehabilitar os espazos adicados a actividades culturais

Redacción-Monforte

A Sociedade Cultural Deportiva Club Fluvial Monforte de Lemos, a través da súa presidenta, María Luisa Vázquez, e a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, a través do delegado de Cultura e Turismo, Mario Outeiro, firmaron o pasado 2 de setembro un convenio de colaboración para a rehabilitación da zona destinada a actividades culturais no complexo deportivo monfortino por un importe de 10.000 euros.

O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, e a presidenta do Clube Fluvial Monforte de Lemos, María Luisa Vázquez, na firma do convenio no pazo de San Marcos. GPDL

Continúa a colaboración da Deputación coas entidades culturais e deportivas da provincia de Lugo

O Clube Fluvial de Monforte de Lemos naceu no ano 1965 co obxectivo de fomentar todo tipo de actividades e prácticas deportivas, culturais e recreativas, na vila do Cabe. Segundo informaron os responsables do organismo provincial, con esta achega a Vicepresidencia Primeira colabora cun proxecto cuxo orzamento total é de 25.580 euros, continuando na liña marcada neste departamento de dar apoio a todas as asociacións ou entidades que teñan como actividade principal a promoción e fomento da cultura e o deporte

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Celebrada en Pantón la última prueba del Circuito de Golf de la Asociación contra el Cáncer

Seguinte Nova

Os emigrantes e a súa experiencia, protagonistas nun coloquio no Círculo Saviñao

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: