Aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais de Monforte

Redacción- Monforte

O Concello de Monforte xa ten aberto o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas Municipais curso 2011-2012. A oferta deportiva abarca tres áreas; a primeira delas, Escolas deportivas para rapaces con fútbol, ximnasia rítmica, porteiros de fútbol, golf, padel, bádminton e kung fu. Cómpre destacar que as actividades de Golf, Pádel e Porteiros de Fútbol concretarán o seu horario unha vez establecidos os grupos por idades e niveis.

Pola súa parte, as Escolas deportivas para adultos acollen ximnasia de mantemento en dous horarios diferentes; tai chi e ioga. Finalmente, nas Escolas para a terceira idade realizarase unha actividade de ximnasia para este colectivo, que terá lugar os martes e xoves de 11:00 a 12:00 h. no Ximnasio Neka.

As escolas deportivas comezarán a principios do mes de outubro e rematarán no mes de maio de 2012. En canto ao custe das actividades, o prezo de cada escola por alumno e curso é de 90 euros. Ademais, terán unha bonificación do 50% as familias numerosas. A matrícula xa pode realizarse na Oficina Municipal de Deportes do Concello.

Asimesmo, dende o Concello lembraron que durante todo o curso escolar, os interesados tamén se poden inscribir nas Escolas municipais de Música e Danza, facendo a matrícula na Casa da Cultura.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Reabre ao público a piscina municipal de Monforte

Seguinte Nova

Monforte acolle a IX Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss