En marcha a A.D. Río Mao de fútbol sala en Bóveda

O equipo competirá na liga Provincial da Federación Galega

Redacción-Monforte

No concello de Bóveda ven de crearse unha nova asociación deportiva chamada A.D. Río Mao. A iniciativa surxiu, segundo explicou o seu presidente, Javier Domínguez, despois de valorar moitos aspectos. “Temos o pavillón aquí ao lado, e ademais os rapaces que integran o equipo sempre nos estaban dicindo porque non facíamos algo. Eles ofrecéronse, e tendo en conta a súa disposición, e tamén a súa preparación, xa que viñan do antigo equipo, comezamos a facer reunións e a facer realidade o proxecto”.

DIRECTIVA

Con sede no concello de Bóveda, a asociación comezou a xestarse hai aproximadamente seis meses, ata que o resultado foi unha directiva encabezada por Francisco Javier Domínguez, e co apoio de Luis José Senra, Jose Luis Vázquez, Abraham López, Miguel A. Domínguez, Oscar González e Juan Diéguez. Que a súa creación fose recente implicou que colleran a competición a medio camiño, polo que a asociación iniciará agora a súa andaina na liga Provincial da Federación Galega de Fútbol Sala na tempada 2011/2012. Para isto conta cunha plantilla formada por xogadores da zona de Bóveda e Monforte, “aproximadamente uns 17 rapaces”, quenes militaban nas ligas locais da zona. Pola súa parte, o adestrador está a ser Juan Diéguez, co que xa están a desenvolver a pretempada os rapaces, adestrando tres días á semana e participando nos torneos locais da zona. En canto aos obxectivos fixados pola directiva para esta campaña, figuran os de estar na zona alta da táboa e ter unha toma de contacto coa categoría. “De momento descoñecemos o calendario de liga, ainda que todo apunta a que dará comezo no mes de outubro. Sen embargo, o incio da pretempada foi o pasado 23 de agosto”.

Javier Domínguez destaca que mentres tanto, a directiva está a manter varias reunións para falar sobre temas como son a financiación. “Contamos coas cuotas dos socios e temos tamén varios patrocinadores, e por suposto a colaboración do Concello, que pon a disposición nosa o pavillón municipal. E como concelleiro de Deportes teño que remarcar que dende o Concello contamos coa súa colaboración, pero en ningún caso coa financiación do equipo; só colaboración, como o pavillón ou os materiais que necesitamos”. E é que os partidos xogaranse así no Pavillón Municipal de Bóveda que o Concello puxo a disposición da asociación.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte acolle a IX Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

Seguinte Nova

140.000 euros de aforro na zona sur de Lugo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss