Monforte acolle a IX Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

Redacción -Monforte

Ata o vindeiro día 28 de setembro, de luns a venres e en horario de cinco da tarde a nove da noite, poderá visitarse na Casa da Cultura de Monforte de Lemos a exposición IX Bienal de Pintura do Eixo Atlántico. Trátase dunha exposición que xa foi inaugurada en Carballo o pasado mes de febreiro e percorreu Carballo, Vilagarcía, Barcelos, Chaves, Verín, Ourense e Lalín antes de chegar a Monforte. A mostra seguirá posteriormente e ata finais do próximo 2012 percorrendo a maioría das cidades que integran a entidade transfroiteiriza.

A exposición itinerante estará en Monforte ata o día 28 de setembro. EC.

Composición

A exposición está formada por 30 obras, sobre máis de 200 presentadas por artistas de Galicia e do norte de Portugal. A pontevedresa Monserrat Frieiro Dantas foi o primeiro premio da IX Bienal de Pintura do Eixo Atlántico pola obra «Camino». O segundo premio á mellor obra portuguesa foi para Miguel Vasconcellos pola obra «20 cabeças» e o segundo premio á mellor obra galega foi para Joseba Muruzábal Pérez pola obra «Chevy. Momento de reflexión». Pola súa parte, Raquel Iglesias Gándara foi a gañadora do premio aos novos talentos luso-galaicos. A Bienal de Pintura do Eixo Atlántico promove así aos artistas da eurorrexión, á vez que se consolida como unha das tres mellores exposicións itinerantes de pintura da Península Ibérica. É de destacar que esta exposición cumpre nove edicións, cunha cadencia de entre un e dous anos de exposición itinerante, ou sexa, un periplo de 15 anos de historia do Eixo Atlántico, sendo unha das primeiras iniciativas da entidade transfronteiriza. É ademais a única exposición en Europa de carácter itinerante que se desenvolve en dous países.

A súa finalidade

O obxectivo da Bienal de Pintura é o impulso á creatividade dos artistas e á creación do valor engadido no patrimonio artístico da eurorrexión, así como reforzar a cultura como eixo da cooperación transfronteiriza. O premio Eixo Atlántico á mellor obra ten un valor de 3.000 euros e dous segundos premios de 1.500 euros cada un, á mellor obra de autor portugués e á mellor obra de autor galego, respectivamente

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais de Monforte

Seguinte Nova

En marcha a A.D. Río Mao de fútbol sala en Bóveda

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss