Redacción-Monforte
Unha vez rematadas as obras de mellora que se viñeron realizando nas derradeiras semanas, a piscina municipal de Monforte ten de novo abertas as súas instalacións dende o pasado mércores día 7 de setembro. A execución das obras retrasou así en dous días a data de apertura das instalacións inicialmente prevista; motivo polo que dende a concellería de Deportes pediron desculpas polas molestias ocasionadas aos usuarios da piscina.