Redacción-Monforte
No concello de Sober celebrouse o pasado 6 de setembro o Campionato Galego de Contra Reloxio, do que saiu gañador o ciclista Aser Estévez. A proba deu comezo pasados uns minutos das cinco da tarde, trala inauguración oficial e corte da cinta por parte do presidente da Federación Galega de Ciclismo, Manuel Tallón; na compaña do alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e a primeira das participantes en sair da meta, Soraya Marrozos.
No campionato galego déronse cita un total de 138 corredores, e en canto ás clasificacións, o segundo posto na primeira das categorías (élite) foi para David Abal; mentres que en terceiro lugar clasificouse Gustabo Rodríguez. No grupo feminino, a campiona foi Aida Valiño, e xa en segundo e terceilo lugar quedaron María Jesús Barrios e Beatriz Mendoza respectivamente. Pola súa banda, na categoría sub-23 o gañador foi Raúl Medín, quen se impuxo a Sergio Míguez e a Adolfo Vicente, segundo e terceiro respectivamente.
Xa en junior, o primeiro posto foi para Jacobo Ucha, mentres que na segunda posición colocouse Anxo Lorenzo, e en terceiro lugar Iván Roade. Tania Villasuso foi a gañadora feminina desta categoría, seguida en segundo lugar de María Verdía e Leticia Baña como terceira clasificada. Os cadetes pechan a clasificación deste campionato 2011; categoría na que triunfou Antonio Portela. En segundo lugar quedou Alexandre Rodríguez, e xa como terceiro clasificado Diego Somoza.
En canto ao sector feminino, Eva Álvarez foi a gañadora, mentres que Lorea Sarín e Soraya Marrozos quedaron como segunda e terceira clasificadas. Ao final da proba tivo lugar a entrega de trofeos.