A investigadora monfortina Manuela Sáez coordina un congreso da época do Virreinato en Nápoles

Redacción- Monforte

A investigadora monfortina e doctora en Historia da Arte Manuela Sáez coordina a celebración en Nápoles dun congreso conmemorativo do IV Centenario da Academia Napolitana dos Ociosos. Este evento, que terá lugar na capela do Palacio do Real Monte Manso di Scala desta cidade italiana do 28 ao 30 de setembro, está promovido por esta importante institución cultural napolitana para homenaxear á figura do napolitano Giovanni Battista Manso, marqués de Villa, co gallo do IV centenario da Academia Napolitana dos Ociosos.

O marqués de Villa fundou este singular círculo cultural grazas ao apoio e colaboración de don Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos e Virrei de Nápoles. Segundo apunta a investigadora Manuela Sáez, formaban parte desta Academia os intelectuais españois e italianos que se encontraban na cidade partenopea. O conde de Lemos, sempre que as súas ocupacións llo permitían, acudía ás reunións deste círculo, impulsando coa súa presencia as actividades literarias e participando activamente nelas, ademáis de aportar fondos para o seu sostemento. O congreso reunirá a diferentes estudiosos españois e italianos para debater sobre aspectos culturais, artísticos e sociais da época, rememorando o ambiente de debate intelectual italo-español daquela institución.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Feira das Cabras: singularidade etnográfica en Merlán

Seguinte Nova

Vendima na Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: