Defensa da área sanitaria monfortina

Redacción-Monforte

O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, reuniuse este mércores en Santiago de Compostela cos voceiros dos tres grupos parlamentarios da cámara galega para falar da situación da área sanitaria de Monforte. O alcalde solicitou aos voceiros dos tres grupos parlamentarios que lle pediran ao Presidente da Xunta de Galicia a publicación urxente do decreto, e que no mesmo se cualifique a Monforte como área sanitaria integrada, “tal e como prometera o responsable do goberno galego”, explicou o alcalde. Asimesmo, a outra das peticións do rexedor monfortino referiuse ao compromiso do Presidente da Xunta de que non habería redución de servizos no hospital comarcal de Monforte.Severino Rodríguez deixou patente a súa “preocupación polo hospital comarcal”. “Na reunión deixei moi claro que se o decreto que publique a Xunta é o mesmo que o de Ourense, iso non será o que prometeu o presidente; e se fose igual, iso representaría que Monforte sería unha sucursal de Lugo, e Monforte ten que ser calificada como área de xestión integrada propia”. Finalmente, só o PSOE e o BNG se comprometeron a defender no Parlamento estas inciativas. Ademais, o BNG amosou a súa disposición a sacar adiante unha proposta conxunta dos tres grupos para garantir a publicación do decreto.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Severino Rodríguez defende a legalidade na adxudicación de obras a empresas locais

Seguinte Nova

Organización no San Mateo

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: