Emprendedoras

P&L: “Unha aposta polo autoemprego e pola zapatería para todos os gustos e petos”

Redacción-Monforte

Laura e Paula de la Fuente Tabarés son dúas mozas monfortinas que veñen de emprender un negocio de venta de calzado na cidade do Cabe, a zapatería P&L. Dende a súa apertura, na rúa Inés de Castro 10, a zapatería inicia o seu camiño e supón unha oferta diferenciada para os consumidores monfortinos. As súas propietarias fálannos da súa idea.

Laura e Paula de la Fuente Tabarés son dúas irmáns que decidiron aventurarse no comercio en Monforte EC

¿Por que se decidiron a emprender este proxecto?

En principio pensamos en abrir unha zapatería unicamente para home, motivadas pola escasa oferta que hai en monforte neste ámbito, pero finalmente decidímonos por ofrecer calzado para ambos xéneros.

¿ Como foron os inicios?

Foron complicados pola excesiva burocracia que esixen para montar un negocio, comezamos a movernos medio ano antes de que por fin puideramos abrir a tenda. Penso que hai demasiados requisitos tamén para acceder ás subvencións, aínda sendo mulleres mozas emprendedoras.

Non é doado atopar xente que hoxe en día aposte por Monforte. ¿Por que vos decidistes por esta localidade?

Porque somos de aquí e pretendemos crear emprego e fomentar o consumo dentro da propia cidade, temos que traballar polo progreso de Monforte e polo seu comercio, o sector do que vive a cidade.

¿Que aporta a súa zapatería á oferta existente no sector?

Trátase dun establecemento moderno, con amplitude e iluminación, non é unha tenda das máis comúns. Por outro lado, temos á venta todo tipo de calzado y con una gran gama de precios y de materiales.

¿Como valoran a ubicación do negocio?

Trátase dunha rúa bastante comercial, non das máis céntricas, pero rodeada de establecementos e cun importante movemento.

¿Como valoran a acollida que tivo a súa zapatería nos seus primeiros meses e tendo en conta a crise que vivimos?

Xuño e xullo foron os mellores meses falando de resultados comerciais. O que temos claro é que os nosos negocios viven da xente de cada día, dos monfortinos e xentes da comarca, máis ca dos visitantes e do turismo.Despois dun mes de agosto máis parado, a volta ao cole estase deixando sentir no movemento comercial.

¿Que ofrecen agora mesmo na zapatería PyL?

Aínda temos importantes rebaixas en calzado de verán que se pode aproveitar no outono e grandes descontos en pares soltos. Por outra parte está entrando xa o calzado de tempada, entre o que están moitos zapatos en pel.

¿ Que tenedencias nos atoparemos na nova tempada?

A nova tempada vén con case todo en pel. Este outono levaranse moito as cuñas, as botas forradas con pelo e borreguillo ou os zapatos tipo vintage que lembran outras épocas. os tacóns moi pronunciados e o plano total na muller, e os zapatos máis clásicos, as botas e os peches con velcro nos homes, nos que segue a estar de moda o calzado mixto e cómodo en elo, pero con deseño semi deportivo.

¿Cal é o perfil do cliente que entra na tenda?

As mulleres entre os 20 e os 50 anos, que ás veces veñen mirar calzado para elas ou para outras persoas coma as súas parellas. Ademáis de calzado podemos atopar outro tipo de produtos… Sí, P&L conta cunha gran gama de bolsos para a tempada outono- inverno e unha importante variedade de carteiras e tamén zapatos para cerimonia.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Organización no San Mateo

Seguinte Nova

Rematan as obra do Club Náutico de Doade

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: