Música e Danza para todos en Monforte

Aberto o prazo de matrícula na Escola Municipal de Música e Danza

As clases de todas as especialidades impartiranse no Edificio Multiusos

Redacción-Monforte

Xa está aberto o prazo de inscrición para todos aqueles que queiran recibir clase nas escolas municipais de música e danza. As clases iniciaránse o 3 de outubro, pero a matrícula estará aberta durante todo o ano, un feito que permite este tipo de ensino non reglado e enfocado quizáis cun carácter máis lúdico.

De esquerda a dereita os profesores Emilio Estévez, Teresa Álvarez, a concelleira de Cultura Pilar López, e o profesor Aquilino Piñeiro na presentación da escola de música e danza. EC

Nisto e na apertura das escolas a todas as idades a partir dos catro anos, facía fincapé a concelleira de Cultura, Pilar López, durante a presentación desta actividade, na que estivo acompañada por tres dos cinco profesores que impartirán as clases. Algúns deles compartirán a ensinanza coa que xa imparten no Conservatorio. A oferta é moi variada, dende a danza, a gaita, a percusión ata outros instrumentos de vento madeira e vento metal ou corda. Moitas das disciplinas están encamiñadas a que os alumnos pasen a formar parte da Banda do Concello e todas as aulas estarán este ano emprazadas no edificio Multiusos, deixando a Casa da Cultura, co fin de unificar as escolas de danza e música e economizar.

Os 12,02 euros mensuais son o custe que teñen estas actividades, e por este importe os alumnos poden participar en todas as disciplinas que desexen. O pasado curso, que rematou no mes de xuño, contou cun total de 388 matriculados.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O monfortino Rober Rodríguez expón no Círculo Saviñao

Seguinte Nova

Raquel Arias destaca as novas tecnoloxías e os idiomas como eixos fundamentais deste curso

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss