O debuxante e pintor Roberto Rodríguez inaugurou o 17 de setembro unha mostra pictórica nas instalacións do Círculo Cultural Recreativo do Saviñao. A mostra, que se poderá visitar en Escairón, recolle unha serie de obras do particular estilo deste mozo monfortino tamén vinculado ao grupo literario Amárgama.





